Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 26 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (RL 2019/0323-4 e un máis).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelos no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2019/0323-4.

Acta: I362019000064919.

Empresa: Los Molinos de Mos, S.L.

NIF/CIF: B-27843754.

Enderezo: lugar Balteiro, 55 baixo, Mos.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 13.3.a), b) e c) da Lei 23/2015, do 21 de xullo, ordenadora do sistema de inspección de traballo e seguridade social.

Preceptos sancionadores: artigos 50.2, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data de resolución: 15.11.2019.

Resolución: multa de 626 €.

Expediente: RL 2019/0324-4.

Acta: I362019000065020.

Empresa: Los Molinos de Mos, S.L.

NIF/CIF: B-27843754.

Enderezo: lugar Balteiro, 55 baixo, Mos.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f) e 29.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 8.1, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data de resolución: 15.11.2019.

Resolución: multa de 6.251 €.

Vigo, 26 de novembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra