Convocada por Resolución CM-02/2018, do 15 de setembro (DOG nº 207, do 23 de outubro), a provisión de diversos postos de xefatura de persoal de xestión e servizos, polo sistema de concurso de méritos, esta Xerencia de Área Sanitaria, á vista das solicitudes e méritos acreditados polas/os aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de diversos postos de xefatura de persoal de xestión e servizos, realizada mediante Resolución CM-02/2018, do 15 de setembro (DOG nº 207, do 23 de outubro).
Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas relacionadas no anexo á presente resolución.
Terceiro. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Ferrol, 21 de novembro de 2019
Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol
ANEXO
1. Posto de traballo: Xefatura de Sección de Soporte.
Nome e apelidos: Luisa Cagiao Hernandorena.
DNI: ***1312**.
2. Posto de traballo: Xefatura de Sección de Expediente/PAT.
Nome e apelidos: M. Josefa Estraviz Vilariño.
DNI: ***5996**.
3. Posto de traballo: Xefatura de Sección de Mantemento.
Nome e apelidos: deserto.
4. Posto de traballo: Xefatura de Sección de Persoal.
Nome e apelidos: Amanda Gómez Costa.
DNI: ***7740**.
5. Posto de traballo: Xefatura de Sección de Nóminas.
Nome e apelidos: Isabel Seco Espada.
DNI: ***5024**.
6. Posto de traballo: Xefatura de Sección de Recursos e Reclamacións.
Nome e apelidos: Natalia Lema Fernández.
DNI: ***5692**.
7. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Servizos Xerais.
Nome e apelidos: Mercedes Manso Fernández.
DNI: ***6983**.
8. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Mantemento.
Nome e apelidos: Ana Brañas Ferreira.
DNI: ***5841**.
9. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Lavandaría.
Nome e apelidos: Juan Francisco Martín Pozo.
DNI: ***5572**.
10. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Nóminas B.
Nome e apelidos: Ángel Martínez Moreno.
DNI: ***5458**.
11. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Persoal.
Nome e apelidos: Remedios Iglesias López.
DNI: ***3312**.
12. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Persoal.
Nome e apelidos: Luz Vérez Ferreiro.
DNI: ***0532**.
13. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Nóminas A.
Nome e apelidos: María Saavedra Marante.
DNI: ***3553**.
14. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Expediente/PAT.
Nome e apelidos: Mercé García Casal.
DNI: ***4731**.