Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de novembro de 2019 pola que se empraza a interesada no procedemento ordinario 150/2019 no expediente de reposición da legalidade LUG/86/2013.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, en relación co procedemento ordinario 150/2019, interposto por Manuel Regueiro Pombo, contra a resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 5 de novembro de 2018, expediente LUG/86/2013, en que acorda dispoñer a execución forzosa, mediante a execución subsidiaria, da Resolución do 2 de xuño de 2014 que ordena a demolición das obras de construción dunha nave industrial emprazada na parcela 153 do polígono 460 do concello de Lugo, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas -LPACAP-, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a entidade RPA, S.L. para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística