Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2019/160-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.U.

Domicilio social: avenida de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: CD Barbudo.

Situación: Ponte Caldelas.

Características técnicas: centro de distribución en edificio prefabricado PFU3 que consta de tres celas de liña, localizado entre os lugares de Pazos e Rebordelo, e próximo á entrada do núcleo rural de Barbudo, no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente en dereito.

Pontevedra, 28 de novembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra