Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada no procedemento sancionador 2018523AL-PO por infracción en materia sanitaria.

O 25 de setembro de 2019, o conselleiro de Sanidade ditou resolución pola que resolve o recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no procedemento sancionador 2018523AL-PO por infracción en materia sanitaria. Intentada a notificación á persoa interesada, foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, notifícaselle a dita resolución.

Así mesmo, e como segundo o artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, este anuncio limitarase á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do dito acto e constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2019

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número de expediente: 2018523AL-PO.

NIE: X2024754H.

Contido da notificación: Resolución do conselleiro de Sanidade, do 25 de setembro de 2019, pola que se resolve o recurso de alzada interposto no procedemento sancionador 2018523AL-PO.

Último enderezo coñecido: rúa A Coruña, nº 15, 36208 Vigo (Pontevedra).

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade. Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: dez (10) días.