Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistido da súa petición.
Pontevedra, 21 de novembro de 2019
A xefa territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 136/2019, do 10 de outubro; DOG núm. 208)
Beatriz Muíños Grajal
Xefa do Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria