Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo interposto polo Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, fronte á resolución de inadmisión do recurso de alzada interposto contra un escrito con data do 11 de xuño de 2019, desta secretaría xeral técnica, en materia de colexiación de profesionais hixienistas dentais pertencentes ao Servizo Galego de Saúde.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, un oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado polo Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia fronte á resolución de inadmisión do recurso de alzada interposto contra un escrito con data do 11.6.2019 emitido por esta secretaría xeral técnica (P.O. 373/2019).

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2019

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade