Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 19 de novembro de 2019 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión outorgada a Jealsa Rianxeira, S.A., para regularización e unificación dos títulos concesionais destinados á industria conserveira e actividades complementarias no dominio público portuario do porto de Bodión.

Jesús Manuel Alonso Escurís, con DNI ***3746**, actuando en representación de Jealsa Rianxeira, S.A. con CIF A15022221, solicita o 27.12.2018 que lle sexa concedida unha ampliación extraordinaria de prazo da concesión, así como unha prórroga ordinaria.

O 5.11.2019 a presidenta de Portos de Galicia acorda admitir e iniciar o trámite da solicitude de ampliación extraordinaria de prazo da concesión administrativa outorgada a Jealsa Rianxeira, S.A. para regularización e unificación dos títulos concesionais destinados a industria conserveira e actividades complementarias no dominio público portuario do porto de Bodión por 10 anos, que sumado á prorroga resultante, acadaría un prazo de ata o 3.6.2042 que é cando se acada o prazo máximo de 50 anos.

Para poder xustificar a ampliación de prazo extraordinario segundo o disposto na disposición transitoria 2ª da Lei 6/2017, a empresa concesionaria propón realizar un investimento de 1.303.998 € (IVE excluído), desagregando este investimento en catro actuacións, definidas na documentación técnica achegada á solicitude relacionada a continuación.

– Solicitude de ampliación de prazo extraordinario e anexos I e II relativo a proposta de investimentos xustificativas do investimento necesario para poder optar a unha ampliación de prazo extraordinario.

– Proxecto básico para acondicionamento de edificio para centro tecnolóxico, asinado polo arquitecto Amancio Losada Vicente en setembro de 2019, cun orzamento de 371.981,11 € (IVE excluído).

– Proxecto básico para entreplanta sobre liñas de produción de Jealsa, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Jesús Alejandro Alonso Escurís, o 22.10.2019, cun orzamento de 540.280,80 € (IVE excluído).

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web http://www.portosdegalicia.gal/gl/.

Non se admitirán solicitudes en competencia por tratarse dunha modificación dunha concesión vixente.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2019

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia