Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 3 de decembro de 2019 Páx. 51613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación das resolucións de corrección de erros dos recursos de alzada interpostos contra as bases definitivas na zona de concentración parcelaria de Perdecanai-Barro II (Barro-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o seu enderezo descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, de conformidade coa normativa sectorial aplicable e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen pertinente.

O expediente administrativo estará á súa disposición no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, na avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 2º andar (Pontevedra). Teléfono 986 80 54 54.

Pontevedra, 19 de novembro de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

R-2, R-22, R-53

Aquilino Rodríguez Pintos

Resolución de corrección de erros

R-38

Manuel Castro Moldes

Resolución de corrección de erros