Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51395

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 26 de novembro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 2 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG638A).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 228, do venres 29 de novembro de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 51178, onde di: «Artigo 1. Ampliar ata o 31 de decembro de 2019 o prazo de presentación de solicitudes....», debe dicir: «Artigo 1. Ampliar ata o 30 de decembro de 2019 o prazo de presentación de solicitudes....».