Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51405

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 21 de novembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, anunciado pola Orde do 8 de xullo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 137, do 19 de xullo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, mediante a Orde do 8 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á persoa funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 8 de xullo de 2019.

Segundo. O cesamento no destino actual da persoa funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, que se contarán a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a persoa funcionaria está a gozar dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contarse a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

Nos supostos de baixa por incapacidade temporal, iniciarase a partir da correspondente alta.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme se establece no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso postestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses que se contarán a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2019

María Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Código do posto: MA.O19.10.000.36001.001.

Nome e apelidos: María Martínez Allegue

NRP: 7693217813 A3015.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: funcionaria da Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala secretaría-intervención

Denominación do posto: xefatura área provincial.

Nivel: 28.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Pontevedra.

Adscrición administracións públicas: A12 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA e Administración local).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego-RI).