Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 31 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade de dous parques de cultivos mariños situados na zona marítimo-terrestre do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 30 de outubro de 2019, se autorizou a transmisión da titularidade dos establecementos de acuicultura que se describen:

– Establecemento 1:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 835 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 676 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Establecemento 2:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 835 (exp. 5518) dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 357,80 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Antigos titulares: Lucía Martínez Cortegoso e Manuel Seoane Franco.

Novas titulares: Lucía Martínez Cortegoso (***5461**) e Patricia Seoane Martínez (***2724**).

As novas titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: as novas titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 31 de outubro de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo