Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Trazo para seren notificados por comparecencia do acordo de reestruturación.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados da zona de concentración parcelaria de Trazo (Trazo-A Coruña) que se relacionan no anexo, para seren notificados por comparecencia do acordo de reestruturación da dita zona.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra o acto a que se refire o anexo, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, consonte o establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

A Coruña, 13 de novembro de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Zona de concentración

76331430-L

Acordo de reestruturación

Trazo (Trazo-A Coruña)

32418303-X

Acordo de reestruturación

Trazo (Trazo-A Coruña)

32375516-A

Acordo de reestruturación

Trazo (Trazo-A Coruña)

32334667-W

Acordo de reestruturación

Trazo (Trazo-A Coruña)

32324785-X

Acordo de reestruturación

Trazo (Trazo-A Coruña)

Noya Noya, Mercedes

Acordo de reestruturación

Trazo (Trazo-A Coruña)

Pombo Leis, José

Acordo de reestruturación

Trazo (Trazo-A Coruña)

Pose Morlán, Flora

Acordo de reestruturación

Trazo (Trazo-A Coruña)