Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51468

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 170/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 170/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de D Hind Jaouad contra Ivanilde Pereira da Silva, sobre ordinario, se ditou a Sentenza do 23 de outubro de 2019, non impugnable, a cal está á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Ivanilde Pereira da Silva, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 8 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza