Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51201

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (163/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 163/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Sol Villaverde Lagares contra Villar Romero Express 24, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, oito de novembro de dous mil dezanove.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Villar Romero Express 24, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 5.537,88 euros en concepto de principal (920,57 euros en concepto de indemnización, 4.454,98 euros en concepto de salarios, 162,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a cantidade anterior), máis outros 553,78 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei da xurisdición social.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Villar Romero Express 24, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza