Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 7 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2003/356-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa citada no anexo a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázase a persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución se poderá interpoñer recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 7 de novembro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2003/356-36.

DNI: 76828150P.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 1 de outubro de 2019.

Efectos xurídicos que produce a resolución: cesamento de medida administrativa.