Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51171

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TU300A).

BDNS (Identif.): 483213.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. Poderán participar nesta convocatoria segundo as categorías ou liñas que se detallan a seguir:

Liña 1: concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades de concellos de Galicia e consorcios locais galegos.

Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións das devanditas entidades locais, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Liña 2: persoas físicas (traballadores autónomos) e persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).

Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións de persoas físicas e/ou xurídicas, de conformidade co disposto no citado artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Liña 3: entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.

Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións de entidades sen ánimo de lucro, de conformidade co disposto no citado artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais dos cales forme parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.

3. Tampouco se permitirá a presentación de máis de dúas axudas por entidade ou agrupación de entidades locais, persoas físicas e/ou xurídicas e entidades sen ánimo de lucro.

4. As datas dos proxectos que se van desenvolver non poderán coincidir coas festas oficiais ou tradicionais do lugar de celebración.

Segundo. Obxecto e réxime

1. As subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, teñen por obxecto proxectos de promoción e dinamización con motivo da conmemoración do Ano Santo Xacobeo 2021 que se celebren entre o 1 de maio de 2020 e o 30 de abril de 2021, co obxectivo principal de lograr unha programación sociocultural cara ao Xacobeo 2021 para a promoción e potenciación de Galicia, así como reforzo da dimensión internacional do Camiño de Santiago e da propia Comunidade Autónoma, tales como: exposicións, mostras, intervencións, exhibicións, concertos, feiras e festivais, publicacións, creacións audiovisuais, talleres, xornadas de formación, conferencias, charlas, encontros, foros, actividades deportivas dirixidas, torneos, mostras gastronómicas, catas e degustacións, actividades de formación e intercambio, e outras (código de procedemento TU300A).

2. As actividades desenvolveranse dentro dos seguintes ámbitos e disciplinas:

Ámbito artístico:

– Artes visuais.

– Cultura dixital.

– Deseño e moda.

– Cinema e documental.

– Música: clásica, popular, tradicional, músicas do mundo e outras.

– Artes escénicas: teatro, danza, novo circo e outras.

Ámbito de patrimonio e pensamento:

– Patrimonio material: arquitectura, arqueoloxía, etnografía, xeografía, topografía e outras.

– Patrimonio inmaterial: antropoloxía, tradicións, oficios, artesanía, gastronomía, enoloxía e outros.

– Cultura científica e editorial: publicacións, conferencias, estudos, foros, seminarios, intercambios con expertos, xornadas formativas, libros.

Ámbito deportivo:

– Torneos.

– Eventos deportivos especiais.

– Actividades dirixidas, ao aire libre, e relacionadas co benestar e coa vida activa, respectuosa coa contorna e coa natureza.

Ámbito social:

– Programas de voluntariado en todas as súas dimensións.

– Programas sociais e educativos no campo da igualdade, da inclusión social e da participación cidadá.

3. Os proxectos presentados deberán desenvolverse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e adherirse, polo menos, a tres dos seguintes obxectivos do Xacobeo 2021:

a) Obxectivos estratéxicos fixados polo Consello Xacobeo para o Xacobeo 2021:

• Camiño. Destacar a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago.

• Europa. Convidar ao diálogo ao redor deste grande itinerario cultural europeo.

• Patrimonio. Promover o patrimonio cultural xacobeo como fonte de inspiración para a creación artística contemporánea.

• Territorio e desenvolvemento sustentable. Impulsar o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago.

• Audiencia e legado. Fomentar o coñecemento do patrimonio relacionado co Camiño de Santiago, particularmente entre os máis novos.

b) Obxectivos estratéxicos da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 en Galicia:

• Promoción. Promocionar Galicia como destino cultural e turístico.

• Alcance. Implicar toda a poboación galega na celebración e xerar un sentimento de orgullo e pertenza cara aos valores da nosa comunidade.

• Innovación. Apostar por novas fórmulas de difusión e contidos innovadores que poñan en valor a esencia do Camiño de Santiago.

• Narrativa. Dar voz e recompilar as historias e experiencias que se xeren ao longo do Camiño.

• Diálogo. Fomentar o intercambio cultural entre a sociedade local e os peregrinos e visitantes.

4. As subvencións obxecto destas bases divídense en tres categorías ou liñas, en atención ás entidades solicitantes:

Liña 1. Entidades locais: concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades de concellos de Galicia e consorcios locais galegos.

Liña 2. Entidades privadas: persoas físicas ou xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).

Liña 3. Entidades sen ánimo de lucro: entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021.

Cuarto. Importe

1. As subvencións previstas nesta resolución financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias previstas nos orzamentos da Axencia Turismo de Galicia para os anos 2020 e 2021, co seguinte detalle:

Liñas

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2020

Anualidade 2021

Total

Liña 1

11.A2 761A 760.0

300.000,00 €

200.000,00 €

500.000,00 €

Liña 2

11.A2 761A 770.0

600.000,00 €

400.000,00 €

1.000.000,00 €

Liña 3

11.A2 761A 781.0

900.000,00 €

900.000,00 €

1.800.000

1.800.000,00 €

1.500.000,00 €

3.300.000,00 €

2. A determinación da contía das subvencións farase en atención ás liñas establecidas no artigo 1 da Resolución do 19 de novembro de 2019, e segundo os seguintes criterios:

a) Establécense unhas porcentaxes máximas de financiamento dos proxectos e unha achega máxima por proxecto segundo se establece no seguinte cadro:

Entidades locais

Máximo 85 % do orzamento subvencionable

Ata 25.000,00 €

Entidades privadas

Máximo 60 % do orzamento subvencionable

Ata 25.000,00 €

Entidades sen ánimo de lucro

Máximo 90 % do orzamento subvencionable

Ata 20.000,00 €

Para a determinación do orzamento subvencionable detraeranse do orzamento presentado, IVE incluído, os gastos non subvencionables.

b) No caso das entidades beneficiarias da liña 1, para o cálculo da achega aplicaranse rangos de intensidade na contía da subvención segundo criterios poblacionais coa intención de fomentar o desenvolvemento de actividades nas áreas rurais, apoiar os municipios con menos recursos económicos e fomentar a cooperación entre concellos, cos seguintes máximos:

Porcentaxe máxima de achega

Máximo de achega por proxecto

Entidades locais de menos de 3.000 habitantes

85 %

10.000,00 €

Entidades locais entre 3.000 e 10.000 habitantes

75 %

15.000,00 €

Entidades locais entre 10.001 e 50.000 habitantes

50 %

25.000,00 €

c) As contías da subvención estableceranse en base a un tanto por cento (%) do orzamento subvencionable en función da puntuación obtida por cada solicitante en aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 10 destas bases, segundo se detalla a seguir:

Liña 1.

Entidade local

Porcentaxe de axuda

Entidades locais de menos de 3.000 habitantes

Entre 50 e 75 puntos: 70 %

Máis de 75 puntos: 85 %

Entidades locais entre 3.000 e 10.000 habitantes

Entre 50 e 75 puntos: 60 %

Máis de 75 puntos: 75 %

Entidades locais entre 10.001 e 50.000 habitantes

Entre 50 e 75 puntos: 45 %

Máis de 75 puntos: 50 %

Liñas 2 e 3.

Entidades privadas

Entre 50 e 75 puntos: 50 %

Máis de 75 puntos: 60 %

Entidades sen ánimo de lucro

Entre 50 e 75 puntos: 70 %

Máis de 75 puntos: 90 %

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no prazo dun meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e segundo se establece no artigo 4 da citada resolución.

Sexto. Prazo de xustificación da subvención

Establécense os seguintes prazos de xustificación das axudas concedidas:

– Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2020, o prazo de xustificación rematará o 15 de novembro de 2020.

– Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de novembro de 2020 ata o 30 de abril de 2021, o prazo de xustificación rematará o 30 de maio de 2021.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2019

A directora da Axencia Turismo de Galicia
P.A. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro;
DOG núm. 193, do 9 de outubro)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia