Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51192

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea novo membro titular do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, convocado pola Resolución do 3 de maio de 2019.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 3 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio) convocouse concurso-oposición para o ingreso, entre outras, na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria.

Na súa base sétima disponse que o/os tribunal/is cualificador/es do concurso-oposición será/n nomeado/s pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e para este efecto se publicará a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 224, do 25 de novembro) procedeuse ao nomeamento dos tribunais cualificadores.

Na antedita base sétima disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, como consecuencia da concorrencia de causa de abstención nun dos seus membros, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Único. Nomear, con efectos da data desta resolución, novo membro titular e suplente do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, convocado por Resolución do 3 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio), nos termos que a seguir se indican:

Presidenta titular: López Ramos, Paloma. Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermeiro/a, en substitución de Ares Martínez, Ana. Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermeiro/a.

Presidenta suplente: Nieto Caamaño, Úrsula. Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermeiro/a, en substitución de López Ramos, Paloma. Persoal estatutario diplomado sanitario. Enfermeiro/a.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos