Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 51038

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudo de detalle (expediente 2018/X999/002369).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 28 de outubro de 2019, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle promovido pola entidade mercantil Plásticos de Carballo, S.A. (Placasa), que ten como obxectivos a ordenación de volumes, o axuste das rasantes e a ordenación do solo non edificado no interior da parcela J12 do ámbito desenvolvido mediante o proxecto sectorial do parque empresarial de Carballo, e das parcelas C2, C3, C4, C7A e C7B do polígono industrial, desenvolvido mediante o Plan parcial aprobado pola Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña o 3 de maio de 1983, segundo a documentación técnica presentada con data do 29 de maio de 2019, rexistro de entrada 201999900000812, redactada polos arquitectos Iria Pérez Miranda (colexiada 3194 COAG) e Ignacio Lázaro Quintela (colexiado 3877 COAG) e polo enxeñeiro industrial Manuel Breijo Cotelo (colexiado 5040 ICOIIG).

O documento aprobado poderá consultarse na páxina web do concello no seguinte enlace: http://carballo.org/media/documentos/07112019_estudo_detalle_placasa.pdf 

Así mesmo, faise constar que foi remitido o documento do estudo de detalle, debidamente dilixenciado, en formato dixital, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, segundo o disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 212.2 do regulamento da citada lei.

Carballo, 8 de novembro de 2019

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde