Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 51015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 11 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2017/178-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo, a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázase a persoa interesada por si ou a través do seu representante legal para que no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás resolucións administrativas, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 11 de novembro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2017/178-36.

Interesado: Daniel Davila Requejo.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 10 de xullo de 2019.

Efectos xurídicos que produce a resolución: adopción de medida administrativa e formalización de recurso.