Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 51012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 7 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2012/71-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo, a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázase a persoa interesada por sí ou a través do seu representante legal para que no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 7 de novembro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2012/71-36.

Interesada: Darya Komarova.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 25.6.2019.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa e formalización do recurso.