Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.U.
Domicilio social: avenida de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.
Denominación: LMTS derivación Barbudo.
Situación: Ponte Caldelas.
Características técnicas: LMT soterrada a 20 kV de 194 metros de lonxitude, entre o CD Barbudo proxectado e o trazado aéreo existente mediante un novo PAS. Ademais, realízase a entrada e saída ao CT Penerada. As instalacións eléctricas están situadas no lugar de Barbudo, no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:
Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente en dereito.
Pontevedra, 6 de novembro de 2019
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra