Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 50992

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (SSS 963/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento SSS 963/2018, seguido por instancia de Mutua Fremap contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutua Gallega, Fraternidad Muprespa, MC Mutual Cyclops, Metales y Muebles Especiales, S.L., Steelcore, S.L., Talleres Freire Pita, S.L., Fresno Metal, S.L. e Ranstad, sobre declaración de responsabilidade da prestación compartida entre as mutuas, se ditou Sentenza núm. 535/2019, do 29 de outubro, en que se estima a demanda, contra a cal non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Freire Pita, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza