Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 50979

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2019, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de Sección de Admisión-Transporte Sanitario non Urxente/Coordinación Administrativa do Hospital de Oza/Xestión da Hospitalización Sociosanitaria/Coordinación cos Postos Administrativos de Atención Primaria, convocado mediante a Resolución do 15 de abril de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 92, do 15 de maio).

Convocada mediante a Resolución do 15 de abril de 2019 (DOG nº 92, do 15 de maio) a provisión dun posto de xefe/a de Sección de Admisión-Transporte Sanitario non Urxente/Coordinación Administrativa do Hospital de Oza/Xestión da Hospitalización Sociosanitaria/Coordinación cos Postos Administrativos de Atención Primaria, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de Sección de Admisión-Transporte Sanitario non Urxente/Coordinación Administrativa do Hospital de Oza/Xestión da Hospitalización Sociosanitaria/Coordinación cos Postos Administrativos de Atención Primaria, convocado mediante a Resolución do 15 de abril de 2019 (DOG nº 92, do 15 de maio).

Segundo. Nomear para o posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O/a aspirante seleccionado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos aos que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 18 de novembro de 2019

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de Sección de Admisión-Transporte Sanitario non Urxente/Coordinación Administrativa do Hospital de Oza/Xestión da Hospitalización Sociosanitaria/Coordinación cos Postos Administrativos de Atención Primaria.

Nome e apelidos: María Isabel García Vallo.

DNI (*): ***2828**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal.