Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 50971

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 22 de novembro de 2019 polo que se abre o prazo para presentar solicitudes para o ano 2020, de paso á segunda actividade do persoal das categorías de bombeiro/a forestal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, derivado do publicado pola Resolución do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O Acordo para aplicar a segunda actividade no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais dispón na súa instrución quinta que o prazo de solicitude de segunda actividade abranguerá o mes de xaneiro de cada ano natural. O pase á segunda actividade realizarase de acordo coas seguintes especificacións:

Primeiro. Poden solicitar o pase á segunda actividade os traballadores fixos e temporais das categorías de bombeiros/as forestais que cumpran ou teñan cumpridos xa no ano 2020 os 60 anos de idade, que non estean acollidos á xubilación parcial e que se comprometan a xubilarse á idade legalmente establecida ou, de ser maior de 65 anos, no prazo dun ano despois de concedida a segunda actividade.

Segundo. Para os efectos do pase á segunda actividade, os interesados terán que solicitar no modelo do anexo II os postos de traballo que figuran no anexo I deste anuncio dos centros situados dentro da súa comarca de adscrición. De non haber postos dentro da súa comarca, poderán solicitar sinxelamente o pase á segunda actividade para realizar tarefas preventivas ou de apoio loxístico ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais sen vinculación directa á extinción de incendios, se ben tamén poderán pedir voluntariamente postos do referido anexo situados noutras localidades e, incluso, adscrición a comarcas ou distritos distintos daquel en que prestan servizos.

Terceiro. As solicitudes (anexo II) deberán ir acompañadas do compromiso de xubilación (anexo III) e remitiranse á Consellería do Medio Rural, que será a competente para realizar a proposta de adscrición á segunda actividade á Dirección Xeral de Función Pública, que é a competente para resolver todas as solicitudes presentadas.

Cuarto. Para os efectos de resolver as adscricións á segunda actividade, terán preferencia os que teñan destino definitivo no mesmo ámbito, seguidamente os que teñan destino provisional e por último os solicitantes que teñan o destino definitivo noutro ámbito. No caso de empate dentro dos integrantes de cada un dos tres grupos sinalados anteriormente, terá preferencia na localidade o que teña máis antigüidade e se persiste o empate resolverase a prol do que teña maior idade.

Quinto. O prazo de solicitude será do día 2 de xaneiro ata o día 31 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Postos vacantes que se ofertan a 2ª actividade

Centro directivo

Centro de destino

Comarca forestal

Localidade do centro

Código do posto

Grupo e categoría

Denominación

Observacións RPT

Tipo de posto

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Comarca forestal: A Coruña

Abegondo

MR3010050115010072

III.68. Pastor/a oficial 1ª. Maioral. Oficial 1ª gandaría. Oficial/a 1ª agrario. Capataz agrario

Capataz agrario/a

B10

12 meses

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Comarca forestal: A Coruña

Abegondo

MR3010050115010095

III.68. Pastor/a oficial 1ª. Maioral. Oficial 1ª gandaría. Oficial/a 1ª agrario. Capataz agrario

Oficial 1ª agrario/a

B18

12 meses

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Comarca forestal: A Coruña

Abegondo

MR3010050115010107

IV.9. Oficial 2ª faenas agrícolas. Oficial 2ª de campo. Oficial/a 2ª agrario/a.

Oficial 2ª agrario/a

B18

12 meses

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño (Salceda de Caselas-Pontevedra)

Comarca forestal: Vigo

Salceda de Caselas

MR3010050436480072

V.8. Peón/oa agrario/a especializado/a.

Peón/oa agrario/a

Xornada especial // B11 // B14

12 meses

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense)

Comarca forestal: O Ribeiro

Leiro

MR3010050532400015

IV.9. Oficial 2ª faenas agrícolas. Oficial 2ª de campo. Oficial/a 2ª agrario/a.

Oficial 2ª agrario/a

B10 // B11

12 meses

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña)

Comarca forestal: A Coruña

Abegondo

MR3010050715010111

III.17. Analista de laboratorio.

Analista de laboratorio

B10 // B11

12 meses

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña)

Comarca forestal: A Coruña

Abegondo

MR3010050715010112

III.17. Analista de laboratorio.

Analista de laboratorio

B10 // B11

12 meses

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña)

Comarca forestal: A Coruña

Abegondo

MR3010050715010113

III.17. Analista de laboratorio.

Analista de laboratorio

B10 // B11

12 meses

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña)

Comarca forestal: A Coruña

Abegondo

MR3010050715010123

III.17. Analista de laboratorio.

Analista de laboratorio

B10 // B11

12 meses

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

Comarca forestal: Pontevedra- O Morrazo

Pontevedra

MR30100…36001…

IV.11. Auxiliar de laboratorio.

Auxiliar de laboratorio

B18

12 meses

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia

Comarca forestal: Ourense

Coles

MRC050010432260122

IV.9. Oficial 2ª faenas agrícolas. Oficial 2ª de campo. Oficial/a 2ª agrario/a.

Oficial 2ª agrario/a

B10 // B11 // B14 // B18

12 meses

Xefatura Territorial Lugo

Servizo de Infraestruturas Agrarias (Lugo)

Comarca forestal: Lugo

Lugo

MRC991040127001076

IV.1. Auxiliar gravación. Oficial 2ª linotipista. Auxiliar gravación. Oficial 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar

Operador/a de máquinas básicas

 

12 meses

Xefatura Territorial A Coruña

Servizo de Gandaría (A Coruña)

Comarca forestal: A Coruña

A Coruña

MRC991050115001024

III.3. Controlador/a pecuario/a. Axudante técnico/a pecuario

Controlador/a pecuario/a

 

12 meses

Xefatura Territorial Lugo

Servizo de Gandaría (Lugo)

Comarca forestal: Lugo

Lugo

MRC991050127001051

III.3. Controlador/a pecuario/a. Axudante técnico/a pecuario

Controlador/a pecuario/a

B10 // B11

12 meses

Xefatura Territorial A Coruña

Área de Arzúa

Comarca forestal: Arzúa-Terra de Melide

Arzúa

MRC992001015060005

III.3. Controlador/a pecuario/a. Axudante técnico/a pecuario

Controlador/a pecuario/a

 

12 meses

Xefatura Territorial A Coruña

Viveiro Forestal Sta. Cruz (Oleiros)

Comarca forestal: A Coruña

Oleiros

MRC995510115570005

V.10F. Peón forestal.

Peón/oa forestal

B10 // B11

12 meses

Xefatura Territorial Pontevedra

Viveiro Forestal Areas (Tui)

Comarca forestal: Baixo Miño

Tui

MRC995510136540006

V.10F. Peón forestal.

Peón/oa forestal

B10 // B11

12 meses

ANEXO II

SOLICITUDE DE SEGUNDA ACTIVIDADE PERSOAL DO SPDCIF

Datos persoais

DNI

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DATA DE NACEMENTO

TELÉFONO

GRUPO

CATEGORÍA

ENDEREZO

CÓDIGO POSTAL

LOCALIDADE

Datos do posto de traballo

Datos do posto de traballo definitivo

CÓDIGO DO POSTO DE TRABALLO

DENOMINACIÓN

DISTRITO

TIPO DE POSTO

12 MESES

9 MESES

5 MESES

Se o posto de traballo que desempeña é distinto do posto definitivo, cubra ademais a epígrafe seguinte. No caso de ter destino provisional deberá cubrir unicamente a seguinte epígrafe:

Datos do posto de traballo desempeñado

CÓDIGO DO POSTO DE TRABALLO

DENOMINACIÓN

DISTRITO

TIPO DE POSTO

12 MESES

9 MESES

5 MESES

SOLICITO o pase a segunda actividade.

Deberá indicar os postos vacantes do anexo I aos cales desexa ser adscrito segundo a seguinte orde de prioridade:

1)

2)

3)

4) (Engadir tantas liñas como sexa necesario)

En ............................ o ....... de ........................ de 20.....

(Sinatura)

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANEXO III

Compromiso de xubilación

___________________________________________, con DNI ____________, coa categoría de ____________ e destino no posto ________________, para os efectos de solicitar o meu pase á segunda actividade, comprométome a xubilarme:

 á idade legalmente establecida

 ao finalizar o prazo dun ano desde a data de efectos da adscrición por pase á segunda actividade (para o caso de solicitante que teña cumpridos os 65 anos)

O que asino en ________________, o _____________________.

Asdo. __________________