Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50811

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1005/2016).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 1005/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena López Fernández contra o Fogasa e C. Mercedes Comarcal 546 Lugo, S.L., sobre ordinario, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que, estimando a demanda formulada por Lorena López Fernández contra a empresa C. Mercedes Comarcal 546 Lugo, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 5.181,90 euros, polos conceptos que se recollen no feito probado terceiro; ás devanditas cantidades seralles de aplicación unha recarga por demora do 10 % anual. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que puider incumbir ao Fogasa.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se fará saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, anunciándoo ante este xulgado.

Ao anunciar o recurso deberá xuntarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-1005-16, baixo apercibimento de non dar trámite a recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa dun deles, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades a autónomas,as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes deles, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condenase ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá demostrar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-1005-16, a cantidade obxecto da condena, podendo substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

No caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario o Xulgado do Social número 1 de Lugo e como concepto o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Advírtese, ademais, ás partes que deberán facer constar nos escritos de interposición do recurso e de impugnación, se for o caso, un domicilio na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para efectos de notificacións, dando cumprimento ao disposto no artigo 198 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos».

E para que sirva de notificación en legal forma a C. Mercedes Comarcal 546 Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 5 de novembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza