Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50805

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (XVB 782/2019).

Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo presente anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de María Auxiliadora Palacios Prieto fronte Marisa Karina Pérez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Maxistrada xuíza que a dita: Ana Araceli Muñoz Martin

Lugar: Vigo

Data: vinte e catro de setembro de dous mil dezanove

Demandante: María Auxiliadora Palacios Prieto

Avogado: Fernando Franco Alonso

Procuradora: Zoraida María Vicente Velasco

Demandada: Marisa Karina Pérez

Procedemento: XVB 782/2018

Resolución:

Estimando integramente a demanda interposta por María Auxiliadora Palacios Prieto fronte a Marisa Karina Pérez, debo condenar e condeno esta a aboar á demandante a suma de 6.000 euros máis xuros legais desde a reclamación xudicial, así como ao pagamento das costas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela...

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

(Segue sinatura da maxistrada xuíza)».

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar o depósito de 50 euros na conta do expediente 36410000/13/0782/18, Banco Santander.

Encontrándose a demandada, Marisa Karina Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 25 de setembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza