Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 15 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/AG/2015/00158 interposto contra a resolución ditada no expediente DH.D15.46553.

En aplicación da disposición transitoria terceira, letra a), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Promociones Persan Galicia, S.L. a resolución do recurso de alzada RA/AG/2015/00158 interposto contra a resolución ditada no expediente DH.D15.46553.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, a interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de dez días hábiles antes sinalado ou ao da comparecencia da interesada, se é o caso, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade