Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para delimitación dun polígono de solo urbano non consolidado en San Cidre, no concello de Bergondo (expediente 2019AAE2364; código 2226/2019).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 14 de novembro de 2019, sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para delimitación dun polígono de solo urbano non consolidado en San Cidre, no concello de Bergondo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático