Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viana do Bolo (expediente IN407A 2019/037-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Ramón Gómez Morandeira, colexiado nº 1304 do I.C.O.I.I.G., en Ourense, o día 3.10.2019, e asinado electronicamente o 9.10.2019, con visado nº 20192687,

Solicitante: E- Distribución Redes Digitales, S.L.U.

Enderezo: Ribera del Loira, 60, 28042 Madrid.

Denominación: renovación da aparamenta en MT e novo cadro de BT do centro de transformación do Poboado San Sebastián (expediente IN407A 2016/212).

Situación: concello de Viana do Bolo.

Orzamento: 18.870,25 €.

Características técnicas: a obra atopase situada no CT existente no Poboado San Sebastián (expte. IN407A 2016/212), con r/t: 20000/400-230 V onde se instalan 2 celas de MT, do tipo illadas en gas SF6 de Ormazábal (unha cela de liña e unha cela de protección de transformador), así como un cadro xeral de BT con interruptor de corte xeral.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 24 de outubro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense