Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 14 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social Y5484418J/02/08/2019/2.1.E.

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, previa reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos 30 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante a oficina de emprego Ourense A Ponte, situada na rúa San Francisco Blanco, 2, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselles aos interesados que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 14 de novembro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: Y5484418J/02/08/2019/2.1.E.

Persoa interesada: Y5484418J.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da resolución: confirmar a proposta de resolución e impoñer a sanción de perda dun mes da prestación/subsidio de desemprego recoñecida.