Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50528

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 15 de novembro de 2019 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento dun vogal do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das universidades galegas.

Segundo sinala o artigo 13 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, de acordo co previsto polo artigo 22 da Lei 3/2003, do 19 de xuño, o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (en diante, Congacode) é o órgano de consulta e participación da sociedade galega en materia de cooperación para o desenvolvemento e estará adscrito ao departamento competente nesa materia.

O punto primeiro do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, regula a composición do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode).

O punto terceiro do dito artigo 15 sinala que as persoas vogais do Congacode, excepto a persoa titular da vicepresidencia e as persoas representantes das consellerías da Administración xeral da Xunta de Galicia, serán nomeadas e cesadas pola persoa titular do consellería competente en materia de cooperación para o desenvolvemento, por proposta das entidades con representación nel, mediante unha orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.

Por tanto, vista a proposta de nomeamento formulada polo secretario xeral de Universidades, segundo o disposto no artigo 15.3 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Cesar como vogal suplente do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das universidades galegas, agradecéndolle o servizo prestado, a Almudena Hospido Quintana.

2. Nomear como vogal suplente do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das universidades galegas a Víctor Arce Vázquez, vicerreitor de Estudantes e Internacionalización da Universidade de Santiago de Compostela.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza