Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0059/2019-VNA e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícanse ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, número 43, edificio administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 12 de novembro de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Denunciado

Acto de notificación

INC-PO-0059/2019-VNA

44487635T

Resolución

INC-PO-0076/2019-LSA

35993797Q

Proposta de resolución

INC-PO-0083/2019-VNA

77415536C

Proposta de resolución

INC-PO-0102/2019-BIO

77410037H

Acordo de incoación