Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50148

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 15 de novembro de 2019 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019.

A Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018/19 (DOG núm. 167, do 3 de setembro de 2018), establece no seu artigo 2.5 que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles e que o incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, procedentes de incorporacións de crédito procedentes de fondos finalistas do Estado incluídos no mesmo programa e servizo, e coa finalidade de facer chegar as axudas ao custo salarial (programa III) ao maior número posible de centros especiais de emprego, conforme o establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, parece conveniente ampliar os créditos consignados no artigo 50.1 da Orde do 13 de agosto de 2018 que convoca as axudas para as anualidades 2018/19.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o crédito consignado no artigo 50.1 para o programa III da Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 nas seguintes contías:

Código de proxecto

2018 00099

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2019

Ampliación

Programa III: custo salarial (TR341M)

09.40.324C.470.3

710.132,26

09.40.324C.470.4

287.593,70

09.40.324C.481.3

9.888,40

09.40.324C.481.4

21.277,85

Total programa III

1.028.892,21

Artigo 2. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria