Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de outubro de 2019 polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes de autorización en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.A27.06191 e un máis).

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución do expediente de autorización coa clave DH.A27.06191 e un máis, que se indican no anexo.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes están á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente
clave

Interesado

Data
da resolución

Sentido
da resolución

DH.A27.06191

Asociación Puente de los Santos

30.9.2019

Desistencia

DH.W36.67359

Get Up Comunicación, S.L.

29.7.2019

Favorable