Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 11 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o requirimento de documentación do expediente TR301V 2019/9-2.

Intentada a notificación persoal do requirimento de documentación do procedemento de concesión de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego por la xefa do Servizo de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procedese a efectuar estas notificacións por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) á persoa interesada que se sinala no anexo, co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, quedando supeditada a súa eficacia á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) del Boletín Oficial del Estado (BOE).

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselle saber á persoa interesada que disporá de dez (10) días hábiles seguintes ao da la publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) para emendar a falta ou presentar os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, conforme o previsto no artigo 16.3 da Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao de exercicio de 2018 e 2019 (DOG núm. 114, do 15 de xuño).

As persoas interesadas durante este prazo poderán presentarse ante a Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, nº 70, para os efectos de coñecer integramente o contido do requirimento de documentación ditado pola xefa do Servizo de Orientación e Promoción Laboral, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Lugo, 11 de novembro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Jozicleia Pereira Firmino

TR301V 2019/9-2

Requirimento de documentación

Becerreá