Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49767

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 766/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 766/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Nieves Ramos, Paula Saavedra Nieves e Alejandro Saavedra Nieves contra a empresa AC Medín, S.A., Reale Seguros Generales, Automóviles Louzao, S.A., Generali España Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

Desestímase a demanda interposta por María del Carmen Nieves Ramos, Paula Saavedra Nieves e Alejandro Saavedra Nieves contra Automóviles Louzao, S.A., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, e AC Medín, S.A. e o Fogasa e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as demandadas de todos os pedimentos efectuados na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina.

E para que sirva de notificación en legal forma a AC Medín, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza