Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49763

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 48/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 48/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Bello Ribadas contra a empresa Novas Gráficas, Sociedade Cooperativa Galega, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa copia literal di así:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2019.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 19.1.2017 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por Manuel Bello Ribadas contra Novas Gráficas, Sociedade Cooperativa Galega, que deu lugar á incoación do procedemento ordinario 48/2017.

Segundo. Que a parte demandante presentou escrito en que desiste da demanda e comunicóuselle o anterior á parte contraria sen que se opuxese á dita desistencia.

Fundamentos de dereito.

Único. Unha vez declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o procedemento iniciado por el, e ao non se opor a parte demandada a tal desistencia, procede, de conformidade co establecido no artigo 20.3 da LAC, sobreser as actuacións.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

Declarar que a parte demandante desiste da súa demanda, sobreser as presentes actuacións e arquivar os autos.

Incorpórese o orixinal no libro de decretos e déixese certificación del no procedemento correspondente.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución, mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Novas Gráficas, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza