Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49721

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Resolución do 8 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica o crédito, para o exercicio 2019, das axudas recollidas na Orde do 22 de maio de 2018 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.

BDNS (Identif.): 482653.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar o crédito, para o exercicio 2019, destinado ás axudas establecidas na Orde do 22 de maio de 2018.

Segundo. Bases reguladoras

Orde do 22 de maio de 2018 pola que que se ditan, con carácter permanente, as normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG núm. 108, do 7 de xuño).

Terceiro. Importe

Para o ano 2019, o importe é de 347.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.324A.470.0, código de proxecto 2015/00508.

Santiago de Compostela, 8 de novembro 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego