Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49675

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do xurado que analizará e valorará as solicitudes das entidades que aspiran aos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico.

En virtude da habilitación conferida pola disposición derradeira segunda da Orde do 3 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (DOG núm. 173, do 12 de setembro), e de conformidade co establecido nos artigos 2.6, 7.3 e 10 da mesma orde, en relación coa composición do xurado encargado da análise e selección das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes que concorren aos premios á dinamización demográfica 2019 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

Marta Fernández-Tapias Núñez
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Xurado

Presidente:

– Marta Fernández-Tapias Núñez, directora xeral de Administración Local.

Vicepresidente:

– Alfredo García Rodríguez, presidente e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Vogais:

– José Miñones Conde, alcalde de Ames, por designación da Fegamp.

– María Amparo González Méndez, directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

– María José Rodríguez Galdo, vicepresidenta do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, designado pola Dirección Xeral de Administración Local.

– Luis Caramés Vieites, vogal do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, designado pola Dirección Xeral de Administración Local.

– Ascensión Labella Lozano, subdirectora xeral de Réxime Xurídico Local.

Secretaria:

– Raquel Bahillo Varela, subdirectora xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais da Dirección Xeral de Administración Local, que actuará con voz e sen voto.