Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, co procedemento ordinario 111/2019 IN.

Na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 111/2019 IN (procedemento ordinario), interposto por Flavia Berrocal de Partearroyo, Lourdes Alfaya García, Bruno Novo García e Daniel de Bernardo Roca contra a Resolución do 24 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación das bases do nomeamento estatutario eventual de continuidade (DOG núm. 22, do 31 de xaneiro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos