Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49737

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2019, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, nas categorías 14 (bombeiro/a forestal), 14A (bombeiro/a forestal condutor), 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondentes ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Na sesión que tivo lugar o día 13 de novembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de decembro de 2018 (DOG núm. 4, do 7 de xaneiro), modificada polas ordes do 7 de febreiro de 2019 (DOG núm. 33, do 15 de febreiro), do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo) e do 8 de abril de 2019 (DOG núm. 75, do 17 de abril), determinou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptar os seguintes acordos:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron un resultado de apto/a.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, nas categorías 14 (bombeiro/a forestal), 14A (bombeiro/a forestal condutor) e 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais), correspondentes ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG núm. 182, do 25 de setembro), no lugar onde se realizou o exercicio, e na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación cos resultados no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019

Ángel Romero Baleirón
Presidente do tribunal