Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 21 de novembro de 2019 Páx. 49612

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (XVB 684/2017).

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, por este edicto anuncio que neste procedemento de xuízo verbal 684/2017, seguido por instancia de Lucius Charter, S.L. contra María Dolores García Andújar, se ditou a Sentenza 108/2019, do 1 de xullo de 2019.

Ao encontrarse a demandada en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma. O contido da sentenza quedará na Secretaría deste xulgado.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2019

O letrado da Administración de xustiza