Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 21 de novembro de 2019 Páx. 49652

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade voluntaria de municipios de Arousa

ANUNCIO de disolución.

A Comisión Xestora da Mancomunidade Voluntaria de Municipios de Arousa, en sesión que tivo lugar o día 24 de outubro de 2017, adoptou o seguinte acordo:

1. Deixar sen efecto o acordo adoptado pola Comisión Xestora da Mancomunidade o día 5 de xuño de 2014.

2. Aprobar a disolución da Mancomunidade Voluntaria de Municipios de Arousa nos termos que se reflicten no convenio acadado e que en resumo son os seguintes:

– Que a Mancomunidade Voluntaria porá á disposición da Comunidade de Montes de San Martín de Sobrán os terreos descritos xunto coa edificación do matadoiro, situado no Camiño do Piñeiro, núm. 76, coa finalidade de que se fagan cargo da posesión e propiedade do conxunto da instalación (terreos e edificación), así como da continuidade da xestión do servizo de matadoiro ata o 31 de decembro de 2020 por parte da empresa Ramiro Martínez, S.L.

– A empresa Ramiro Martínez, S.L. continuará na prestación do servizo do matadoiro ata o 31 de decembro de 2020, e ingresará mensualmente á Comunidade de Montes a mesma cantidade que viña aboando á Mancomunidade do Matadoiro, a partir do momento en que a Comunidade de Montes de San Martín de Sobrán adquira a posesión e propiedade da instalación.

– Aprobar a liquidación e a distribución do patrimonio da Mancomunidade do seguinte xeito:

Importe débeda

Nº anos a partir

de 1991

Cota anual actual

%

Total Concello de Catoira

22.973,29

26

0

Total Concello de Meaño

22.176,11

18

8

831,48

6.651,84

0,04470639

Total Concello de Meis

25.414,66

21

5

762,58

3.812,90

0,02562614

Total Concello de Ribadumia

18.137,19

19

7

766,39

5.364,73

0,03605584

Total Concello de Vilanova de Arousa

80.233,66

26

0

-

0

Total Concello do Grove

71.330,61

26

0

-

0

Total Concello de Vilagarcía de Arousa

17.342,61

3

23

5.780,87

132.960,01

0,89361163

8.141,32

148.789,48

Saldo medio en 26 anos

3.807,77

A Mancomunidade do Matadoiro conta na actualidade cunha conta corrente que ten un saldo positivo de 92.862,99 €, con data do 29.4.2019, cantidade que redundará nun 85 % a favor do Concello de Vilagarcía de Arousa, e nun 5 % a favor de cada un dos concellos de Meaño, Meis e Ribadumia, en función das achegas económicas que viñeron realizando ao longo dos anos a favor da Mancomunidade para os seus gastos de sostemento.

A exclusión dos demais concellos desta repartición débese a que ao longo do tempo da existencia da Mancomunidade realizaron unhas achegas insignificantes ou na maioría dos casos inexistentes.

O acordo citado anteriormente expúxose ao público polo prazo dun mes para a presentación de reclamacións, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da provincia do 10 de novembro de 2017.

Presentáronse reclamacións durante o citado período de exposición ao público por parte de:

– Ramiro Martínez, S.L., representada por Ramiro Martínez Señoráns.

– Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Sobrán, representada por Manuel Barcala Santiago.

Todos os concellos que integran a Mancomunidade Voluntaria de Municipios de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, O Grove, Meis, Meaño, Ribadumia e Catoira, aprobaron polo pleno das respectivas corporacións municipais a ratificación do acordo citado do 24 de outubro de 2017, de disolución da Mancomunidade, así como a desestimación das reclamacións citadas.

Posteriormente, con data do 22 de novembro de 2018, levantouse unha acta nas instalacións do matadoiro e comprobouse coa presenza das tres partes, Mancomunidade, Concesionaria e Comunidade de Montes, os elementos (maquinaria e outros) existentes nesa data e que continúan adscritos ao servizo ata o 31 de decembro de 2020. Fixouse tamén definitivamente os elementos que quedarán nas instalacións e os que poderá retirar a empresa Ramiro Martínez, S.L. a partir do día 31 de decembro de 2020, no caso de non continuar coa xestión do servizo.

Publícase para xeral coñecemento a disolución da Mancomunidade así como a perda da súa personalidade xurídica.

Vilagarcía de Arousa, 31 de outubro de 2019

Alberto Varela Paz
Alcalde de Vilagarcía de Arousa e presidente da Mancomunidade
Voluntaria de Municipios de Arousa