Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49450

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 180/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 180/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Pais Trigo contra a empresa Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar os executados Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., en situación de insolvencia, por importe de 10.599,97 euros en concepto de principal (desagregada: 8.823,24 euros máis o 10 % de xuro por demora: 1.776,73 euros), máis outros 1.060,00 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens dos executados.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 1596, clave 64 N, no Banesto, e indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación “recurso” seguida de “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza