Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49440

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (874/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, en funcións, fago saber que neste xulgado do social se ditou a Resolución do 29 de outubro de 2019, dirixida a Berdía Telecomunicaciones, S.L., contra a cal non se pode interpor ningún recurso. Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

Para que sirva de notificación en legal forma a Berdía Telecomunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza