Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 7 de novembro de 2019, do Servizo de Informes e Recursos, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-01076-O-2019 e un máis.

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-01076-O-2019 e outro por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditados ás persoas interesadas.

Son informados que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

María Inmaculada Carril Barco
Xefa do servizo de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01076-O-2019

8348-BSZ

X0451745W

Carencia do limitador de velocidade.

12.6.2019; 9.14; LU-127; 0,1

Artigo 140.20 da LOTT

Artigo 197.21 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.h) do ROTT

2.001 euros

LU-01077-O-2019

8348-BSZ

X0451745W

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

12.6.2019; 9.14; LU-127; 0,1

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 197.26 do ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

2.001 euros