Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49426

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 6 de novembro de 2019 pola que se regula a convocatoria e a selección de empresas TIC destinadas a albergar persoas bolseiras do programa de bolsas DigiTalent, no marco do Plan DigiTalent, para a realización de prácticas formativas.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 217, do 14 de novembro de 2019, é necesario realizar a seguinte corrección:

Na páxina 48777, no artigo oitavo, onde di: «... 20 de novembro de 2019...», debe dicir: «... 29 de novembro de 2019...».