Orzamento de contrata: 1.298.907,16 € (IVE incluído).
Prazo de execución: oito (8) meses.
Clasificación administrativa da empresa: grupo K, subgrupo 7, categoría E.
Entidade contratante: Fundación Catedral de Santiago de Compostela.
A documentación do proxecto e o prego de contratación poderanse obter consultando a web http://www.catedraldesantiago.es/contratacion ou ben contactando coa Fundación Catedral de Santiago de Compostela (tfno.: 981 56 93 27) logo de acreditación da empresa e aboamento de 100 €. O prazo de presentación das ofertas será de vinte e seis (26) días naturais desde a publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019
Daniel C. Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela