Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49185

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se procede á publicación da Resolución do 25 de outubro de 2019 do procedemento BS623C de concesión de axudas a corporacións locais para programas de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 a 2021 (cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020).

A Consellería de Política Social convocou no ano 2019, a través da Orde do 6 de agosto de 2019 (DOG núm. 157, do 21 de agosto), as bases do procedemento de concesión de axudas a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 a 2021 (cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020).

De conformidade co disposto no artigo 17 desta orde, a resolución dos expedientes de axudas corresponde a director xeral de Inclusión Social. As resolucións recaídas notificaranse ás entidades interesadas no prazo máximo de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde. As resolucións estarán motivadas e indicarán a puntuación acadada no proceso de valoración.

Dado que a subvención está cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, na resolución de concesión informarase o beneficiario do cofinanciamento comunitario, con expresión do obxectivo temático, prioridade de investimento, obxectivo específico e porcentaxe de cofinanciamento.

Ademais, na resolución de concesión estableceranse as condicións da axuda a que quedan sometidas as persoas beneficiarias derivadas da aceptación da axuda, en especial os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o prazo de execución. Así mesmo, informaráselle de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

No seu artigo 13 establece que os actos administrativos e a correspondente resolución ditada no procedemento para a concesión de subvencións publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 25 de outubro de 2019, ditada no procedemento BS623C de concesión de axudas a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, que se xunta no anexo.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Resolución do 25 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Inclusión Social,
pola que se resolve o procedemento BS623C de concesión de axudas a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social
da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 a 2021 (cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020)

Antecedentes:

1. A Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social emitiu o 18 de outubro de 2019 certificado que constata o cumprimento por parte da entidade dos requisitos establecidos para acceder á subvención.

2. A Comisión de Valoración asinou a acta de valoración conxunta das solicitudes, segundo o procedemento e a ponderación establecidos no artigo 15 da orde, e elevou a proposta con data do 18 de outubro de 2019.

3. A Intervención Delegada da Consellería de Política Social fiscalizou de conformidade a disposición do gasto o 22 de outubro de 2019.

Consideracións legais e técnicas:

A convocatoria réxese polo establecido na Orde do 6 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 a 2021 (cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020),

RESOLVO:

1º. A concesión de subvencións ás seguintes corporacións locais polas seguintes tipoloxías (relación no anexo I).

2º. A denegación/inadmisión ou aceptación de renuncias das solicitudes que se relacionan (relación no anexo II).

3º. A redución das horas solicitadas por exceder o programa da contía máxima prevista na convocatoria procedendo a reducir as horas das actuacións solicitadas tendo en conta, de conformidade co previsto no artigo 16.5 da orde reguladora da convocatoria, a prioridade establecida na solicitude dos seguintes concellos:

• Concello de Pontevedra, a actuación afectada é a preparación de ensinanza secundaria para adultos (ESA) do programa de exclusión social, redúcense as horas solicitadas no ano 2020 en 15 horas pasando de 96 a 81 e non se conceden as solicitadas no ano 2021.

• Concello de Vigo, procédese a reducir as horas solicitadas na actuación de inclusión social dos/das mozos/as perceptores/as de Risga do CMSS Rivera Atienza de Vigo. Neste caso concédense inicialmente 57 horas para o ano 2019 e 88 para o ano 2020, fronte as 57, 688 e 399 solicitadas para os anos 2019, 2020 e 2021, sen prexuízo da redución posterior das horas do 2019 de acordo coa puntuación obtida.

• Concello de Santiago de Compostela. No programa de inclusión residencial. Nel concédense 289 horas na anualidade 2021 en vez das 1.003 horas solicitadas.

4º. Informar as corporacións locais beneficiarias de que as contías correspondentes aos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables sinalados no artigo 4.1 das bases reguladoras están subvencionadas nun 80 % polo FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9 «Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación»; prioridade de investimento 9.1 «A inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de encontrar un emprego»; obxectivo específico 9.1.1 «Mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción», e deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, nos regulamentos (UE) 1301/2013 e 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo, polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1081/2006 do Consello e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020. O método utilizado para a estimación dos custos é o de baremos estándar de custos unitarios.

5º. A aceptación da subvención implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións que se publicará co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, así como na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

Tamén implica aceptar a obriga de aplicar medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión e cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica, en particular, a normativa en materia de subvencións (RDC art. 125.4.c).

A detección de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade deberán ser comunicados ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) nos termos establecidos na Comunicación 1/2017 do SNCA, do 6 de abril, sobre a forma en que poden proceder as persoas que teñan coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea.

6º. Dispón de dez (10) días para comunicar a súa aceptación. No caso de non facelo, entenderase tacitamente aceptada.

7º. O pagamento das axudas farase segundo o establecido no artigo 25 da orde.

8º. Deberán xustificar cada anualidade independentemente nos seguintes prazos: a primeira anualidade comprende as actuacións realizadas entre o 1 de novembro ata o 30 de novembro de 2019 e a data límite de xustificación será o 5 de decembro de 2019. A segunda anualidade comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2019 ata o 30 de novembro de 2020 e a data límite de xustificación será o 5 de decembro de 2020. A terceira anualidade comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2020 ata o 30 de xuño de 2021 e a data límite de xustificación será o 5 de xullo de 2021.

9º. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento das obrigas establecidas na orde. Polo que deberá:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e condicións ante o órgano concedente.

As actuacións prestaranse de acordo co establecido no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de inclusión.

b) Manter de forma separada os apuntes contables relativos á axuda.

c) Conservar a documentación relativa á subvención durante un período de tres (3) anos, que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación perante a Comisión Europea. O comezo deste prazo será comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

d) Asumir a responsabilidade de adoptar medidas para facer chegar ao publico información sobre as operacións financiadas polo programa operativo FSE, segundo o artigo 2.2 do anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

Deberá constar na publicidade e información das actuacións a condición de subvencionadas pola Consellería de Política Social e polo PO FSE Galicia 2014-2020, segundo o establecido no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

Nas medidas de información e comunicación, o participante deberá recoñecer o apoio recibido ao proxecto, debendo figurar o emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea, referencia ao Fondo FSE que dá apoio ao proxecto e ao lema do Fondo.

Durante a realización do proxecto e o período dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego, deberá informar do apoio dos fondos a través dun cartel de tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible.

Tamén informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre a actuación e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

As características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo deberán axustarse ao establecido nos artigos 3, 4 e 5 do Regulamento de execución (UE) núm. 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ás modalidades concretas de transferencia e xestión das contribucións do programa, a presentación de información sobre os instrumentos financeiros, as características técnicas das medidas de información e comunicación das operacións, e o sistema para o rexistro e almacenamento de datos.

e) Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como dos obxectivos dos fondos.

Como mínimo, deberán figurar os emblemas nos partes de asistencia e participación, nas enquisas de avaliación e nos certificados de asistencia.

f) Adecuar a metodoloxía das actuacións, recollida e proceso de datos de seguimento e acreditación da realización da actividade ás fórmulas propostas pola Consellería de Política Social.

Se for requirido, deberán acceder á aplicación informática para a xestión da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020.

Deberán recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións para os indicadores de produtividade e resultados, enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

Os indicadores de produtividade relativos a participantes refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coas actuacións subvencionadas. Os indicadores de resultado inmediato refírense ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención.

A Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis (6) meses desde que finalice a vinculación do participante, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo. Para estes efectos, seralles facilitado o acceso á aplicación informática Participa 1420.

g) Axustarse na execución das accións aos obxectivos que estableza a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Inclusión Social. Coa periodicidade coa que sexa requirida, deberá comunicar á Dirección Xeral de Inclusión Social o cumprimento das accións subvencionadas polas persoas participantes, facendo constar a información precisa para cumprir os requirimentos de información asociados aos indicadores de produtividade e de resultado do FSE.

Con respecto ás persoas participantes, solicitará información sobre os indicadores de produtividade e resultado para FSE. Deberá solicitar e custodiar unha declaración das persoas participantes ou outra documentación análoga que lle permita responsabilizarse da súa declaración conxunta perante a Dirección Xeral de Inclusión Social. Esta mesma obriga contraerase cos servizos sociais comunitarios de referencia da persoa participante, cando sexa solicitado para ou seguimento da súa intervención social.

h) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuación, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social, en especial, os relativos á subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, o cumprimento das obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, e certificado en que se indique o número estimado da poboación beneficiada pola actuación no período subvencionado.

i) Controlar a asistencia ás accións formativas e expedir certificado de aproveitamento para os participantes que teñan asistido como mínimo ao 60 % das horas.

j) Solicitar, se é o caso, ao órgano concedente a autorización das modificacións que afecten as actuacións subvencionadas cunha antelación de cinco (5) días.

k) Remitir, no prazo de dez (10) días, os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.

l) Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar a información requirida polo órgano concedente, e ás verificacións dos organismos implicados na xestión e seguimento do PO FSE Galicia 2014-2020, incluídas as visitas sobre o terreo, que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

m) Contratar un seguro para o alumnado ou participantes nas actuacións que cubra os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento das actividades e nos desprazamentos para a asistencia.

n) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións da subvención e nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

ñ) A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente, xunto cos correspondentes xuros de demora.

o) Someterse ás actuacións de control e análise de riscos que poida efectuar a autoridade de xestión do programa operativo e, se for o caso, os órganos competentes do organismo intermedio con axuda de ferramentas informáticas específicas da Unión Europea, en particular, a aplicación informática Arachne.

p) Deberá introducir os datos e os documentos de que sexa responsable, así como as súas actualizacións, nos sistemas de intercambio electrónico de datos de acordo coas especificacións determinadas na convocatoria de axudas, en cumprimento do artigo 122, número 3, parágrafo primeiro, do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 e o artigo 10.1 do Regulamento 1011/2014, do 22 de setembro.

q) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

10º. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

Potestativamente e con anterioridade a interposición do recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución. Non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto, expresamente ou por desestimación presunta, o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. (artigo 17.1 da Orde do 6.8.2019; DOG núm. 157, do 21 de agosto); Arturo Parrado Puente, director xeral de Inclusión Social.

ANEXO I

Axudas concedidas

a) Programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana.

NIF

Entidade local

Actuación

Puntuación

Adxudicado

2019

Adxudicado

2020

Adxudicado

2021

Total

adxudicado

P1500500B

Concello de Arteixo

Reforzo educativo

47

0,00 €

3.939,94 €

3.182,26 €

7.122,20 €

P1500500B

Concello de Arteixo

Formación dixital

40

0,00 €

1.262,80 €

1.010,24 €

2.273,04 €

P1500500B

Concello de Arteixo

Preparación para obtención do título de ESA

40

0,00 €

5.682,60 €

3.030,72 €

8.713,32 €

P2702800J

Concello de Lugo

Área da vivenda. Erradicación do chabolismo

62

3.095,66 €

37.234,56 €

21.712,94 €

62.043,16 €

P2702800J

Concello de Lugo

Apoio á inclusión básica

57

2.381,28 €

23.812,80 €

17.101,92 €

43.296,00 €

P2702800J

Concello de Lugo

Mediación

57

770,88 €

8.479,68 €

5.588,88 €

14.839,44 €

P3204600E

Concello de Maside

Servizo de apoio residencial

64

432,96 €

4.957,39 €

3.052,37 €

8.442,72 €

P3204600E

Concello de Maside

Inclusión socio-laboral

49

2.597,76 €

29.744,35 €

18.314,21 €

50.656,32 €

P2703100D

Concello de Monforte de Lemos

Apoio residencial

64

0,00 €

15.759,74 €

9.395,23 €

25.154,97 €

P2703100D

Concello de Monforte de Lemos

Inclusión básica

59

0,00 €

16.885,44 €

10.066,32 €

26.951,76 €

P2703100D

Concello de Monforte de Lemos

Formación competencias clave

59

0,00 €

0,00 €

3.030,72 €

3.030,72 €

P2703100D

Concello de Monforte de Lemos

Formación dixital

59

0,00 €

4.546,08 €

0,00 €

4.546,08 €

P2703100D

Concello de Monforte de Lemos

Mediación social e/ou intercultural

59

0,00 €

1.002,14 €

597,43 €

1.599,57 €

P2703100D

Concello de Monforte de Lemos

Reforzo socioeducativo menores

49

0,00 €

9.849,84 €

5.859,39 €

15.709,23 €

P1505500G

Concello de Narón

Inclusión básica

53

1.515,36 €

9.373,58 €

5.368,70 €

16.257,64 €

P1505500G

Concello de Narón

Promoción e acceso e mantemento da vivenda

51

303,07 €

3.030,72 €

1.731,84 €

5.065,63 €

P1505500G

Concello de Narón

Inclusión e transición ao emprego

46

320,80 €

6.086,70 €

3.308,54 €

9.716,04 €

P1505500G

Concello de Narón

Reforzo educativo para menores

46

303,07 €

2.576,11 €

1.969,97 €

4.849,15 €

P1505500G

Concello de Narón

Formación en competencias clave 1

46

404,10 €

2.525,60 €

0,00 €

2.929,70 €

P1505500G

Concello de Narón

Formación dixital

46

0,00 €

378,84 €

0,00 €

378,84 €

P1505500G

Concello de Narón

Formación en competencias clave 2

46

0,00 €

1.111,26 €

2.828,67 €

3.939,93 €

P3202000J

Concello do Carballiño

Apoio á inclusión básica

39

0,00 €

6.234,62 €

3.420,38 €

9.655,00 €

P3202000J

Concello do Carballiño

Formación dixital

32

0,00 €

378,84 €

0,00 €

378,84 €

P3205500F

Concello de Ourense

Apoio á inclusión de transición ao emprego

37

0,00 €

10.961,10 €

6.617,07 €

17.578,17 €

P3603800H

Concello de Pontevedra

Reforzo educativo

37

0,00 €

1.060,75 €

15.557,70 €

16.618,45 €

P2705000D

Concello de Quiroga

Reforzo socioeducativo para menores

44

0,00 €

6.566,56 €

3.965,19 €

10.531,75 €

P2705000D

Concello de Quiroga

Preparación ESO

44

0,00 €

8.334,48 €

4.849,15 €

13.183,63 €

P2705000D

Concello de Quiroga

Formación en competencias clave

44

0,00 €

10.607,52 €

6.187,72 €

16.795,24 €

P3207000E

Concello de Ribadavia

Apoio á inclusión residencial

58

432,96 €

5.195,52 €

3.030,72 €

8.659,20 €

P3207000E

Concello de Ribadavia

Mediación social e/ou intercultural

56

385,44 €

4.625,28 €

2.698,08 €

7.708,80 €

P3207000E

Concello de Ribadavia

Inclusión e transición ao emprego

53

808,19 €

9.723,56 €

5.657,34 €

16.189,09 €

P3207000E

Concello de Ribadavia

Inclusión sociolaboral básica

53

930,86 €

11.105,42 €

6.472,75 €

18.509,03 €

P1507900G

Concello de Santiago de Compostela

Programa de desenvolvemento do colectivo xitano

52

3.095,66 €

37.234,56 €

21.712,94 €

62.043,16 €

P3208600A

Concello de Verín

Itinerarios Inclusión

43

0,00 €

33.186,38 €

19.353,31 €

52.539,69 €

P3606000B

Concello de Vilagarcía de Arousa

Vivenda: promoción e mantemento coa etnia xitana

49

346,37 €

11.819,81 €

7.468,56 €

19.634,74 €

P3606000B

Concello de Vilagarcía de Arousa

Inclusión básica coa etnia xitana

44

0,00 €

14.222,74 €

8.291,18 €

22.513,92 €

P3606000B

Concello de Vilagarcía de Arousa

A por ESO: reforzo socioeducativo coa etnia xitana

44

0,00 €

16.189,10 €

10.178,17 €

26.367,27 €

P3606000B

Concello de Vilagarcía de Arousa

Mediación intercultural: interculturalidade e acción

44

0,00 €

4.047,12 €

2.312,64 €

6.359,76 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Itinerarios de inserción

41

0,00 €

20.204,80 €

10.102,40 €

30.307,20 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Formación dixital

41

0,00 €

1.010,24 €

1.010,24 €

2.020,48 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Educación primaria II

34

0,00 €

0,00 €

2.020,48 €

2.020,48 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Educación secundaria I

34

0,00 €

2.222,53 €

0,00 €

2.222,53 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Reforzo educativo verán

34

0,00 €

1.212,29 €

0,00 €

1.212,29 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Educación primaria I

34

0,00 €

2.172,02 €

0,00 €

2.172,02 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Educación secundaria II

34

0,00 €

0,00 €

2.222,53 €

2.222,53 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Formación en competencias clave 2

34

0,00 €

1.515,36 €

1.515,36 €

3.030,72 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Formación en competencias clave

34

0,00 €

1.969,97 €

1.868,94 €

3.838,91 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Formación preparación ESO

34

0,00 €

1.591,13 €

1.742,66 €

3.333,79 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Promoción, acceso e mantemento da vivenda

53

324,72 €

3.896,64 €

2.273,04 €

6.494,40 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Itinerarios personalizados de transición ao emprego

48

1.237,54 €

14.901,04 €

8.713,32 €

24.851,90 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Itinerarios personalizados de inclusión básica

48

909,22 €

11.105,42 €

6.494,40 €

18.509,04 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Formación en competencias clave

48

0,00 €

1.767,92 €

1.818,43 €

3.586,35 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Formación preparación ESA

48

0,00 €

2.172,02 €

2.222,53 €

4.394,55 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Formación dixital

48

404,10 €

1.010,24 €

0,00 €

1.414,34 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Apoio e reforzo escolar

41

0,00 €

3.788,40 €

2.273,04 €

6.061,44 €

b) Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante.

NIF

Entidade local

Actuación

Puntuación

Adxudicado 2019

Adxudicado 2020

Adxudicado 2021

Total

adxudicado

P2706800F

Concello de Burela

Asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría

76

541,20 €

5.628,48 €

3.247,20 €

9.416,88 €

P3602400H

Concello de Lalín

Servizo de atención ás migracións

69

0,00 €

27.276,48 €

17.047,80 €

44.324,28 €

P2702800J

Concello de Lugo

Formación para o coñecemento dos valores da sociedade de acollida

68

0,00 €

1.919,46 €

1.919,46 €

3.838,92 €

P2702800J

Concello de Lugo

Alfabetización nas linguas oficiais de Galicia

68

0,00 €

6.061,44 €

6.061,44 €

12.122,88 €

P2706800F

Concello de Burela

Mediación intercultural e social

66

1.426,13 €

14.743,08 €

8.788,03 €

24.957,24 €

P3205500F

Concello de Ourense

Asesoría xurídica

65

3.095,66 €

37.234,56 €

21.712,94 €

62.043,16 €

P2706800F

Concello de Burela

Servizo de apoio á inclusión básica

63

779,33 €

7.944,82 €

5.065,63 €

13.789,78 €

P2706800F

Concello de Burela

Servizo de inclusión e transición ao emprego

63

909,22 €

10.531,75 €

7.172,70 €

18.613,67 €

P2706800F

Concello de Burela

Reforzo educativo menores inmigrantes

63

1.010,24 €

10.001,38 €

6.920,14 €

17.931,76 €

P2706800F

Concello de Burela

Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores de acollida

63

0,00 €

1.262,80 €

1.262,80 €

2.525,60 €

P2706800F

Concello de Burela

Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores de acollida 2

63

0,00 €

606,14 €

0,00 €

606,14 €

P3602400H

Concello de Lalín

Reforzo socioeducativo de menores inmigrantes

59

0,00 €

27.276,48 €

17.047,80 €

44.324,28 €

P3602400H

Concello de Lalín

Formación dixital

59

0,00 €

757,68 €

0,00 €

757,68 €

P3602400H

Concello de Lalín

Servizo de mediación social intercultural

59

0,00 €

22.933,68 €

15.899,40 €

38.833,08 €

P3602400H

Concello de Lalín

Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia

59

0,00 €

5.051,20 €

5.051,20 €

10.102,40 €

P2702800J

Concello de Lugo

Itinerarios de inclusión básica

58

692,74 €

8.312,83 €

4.849,15 €

13.854,72 €

P2706800F

Concello de Burela

Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais

58

505,12 €

5.000,69 €

3.460,07 €

8.965,88 €

P3208600A

Concello de Verín

Itinerarios de inclusión básica

57

2.121,50 €

23.596,32 €

15.002,06 €

40.719,88 €

P3208600A

Concello de Verín

Mediación intercultural e social

57

327,62 €

3.237,70 €

2.042,83 €

5.608,15 €

P3205500F

Concello de Ourense

Itinerarios de inclusión

57

2.323,55 €

25.559,07 €

15.052,58 €

42.935,20 €

P3205500F

Concello de Ourense

Reforzo escolar

57

1.010,24 €

10.354,96 €

6.010,93 €

17.376,13 €

P3205500F

Concello de Ourense

Mediación social e/ou intercultural

57

115,63 €

3.546,05 €

809,42 €

4.471,10 €

P3602400H

Concello de Lalín

Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores da sociedade de acollida

56

0,00 €

1.010,24 €

0,00 €

1.010,24 €

P1500011J

Consorcio As Mariñas

Asesoría xurídico-social

55

1.623,60 €

16.236,00 €

11.365,20 €

29.224,80 €

P3605700H

Concello de Vigo

Mediación intercultural

55

2.466,82 €

30.353,40 €

17.209,90 €

50.030,12 €

P3605700H

Concello de Vigo

Asesoramento legal en materia de estranxeiría

55

2.424,58 €

25.458,05 €

15.759,74 €

43.642,37 €

P2702800J

Concello de Lugo

Asesoramento legal en materia de estranxeiría

55

865,92 €

9.092,16 €

4.546,08 €

14.504,16 €

P3205500F

Concello de Ourense

Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais

54

454,61 €

5.455,30 €

2.727,65 €

8.637,56 €

P3205500F

Concello de Ourense

Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores de acollida

54

202,05 €

2.424,58 €

1.212,29 €

3.838,92 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Asesoramento en trámites de estranxeiría

54

0,00 €

12.382,66 €

7.879,87 €

20.262,53 €

P1507900G

Concello de Santiago de Compostela

Programa de asesoramento técnico especializado

54

3.095,66 €

37.234,56 €

21.712,94 €

62.043,16 €

P1500500B

Concello de Arteixo

Formación preparación ESA

53

0,00 €

5.556,32 €

3.283,28 €

8.839,60 €

P1500500B

Concello de Arteixo

Formación dixital inmigrantes

53

0,00 €

1.363,82 €

909,22 €

2.273,04 €

P1500500B

Concello de Arteixo

Mediación intercultural e social

53

0,00 €

5.781,60 €

2.890,80 €

8.672,40 €

P1500500B

Concello de Arteixo

Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia

53

0,00 €

1.010,24 €

1.010,24 €

2.020,48 €

P1500500B

Concello de Arteixo

Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores da sociedade de acollida

53

0,00 €

1.010,24 €

1.010,24 €

2.020,48 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Itinerarios personalizados de inclusión básica inmigrantes

53

1.104,05 €

13.335,17 €

7.771,63 €

22.210,85 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Itinerarios personalizados de transición ao emprego inmigrantes

53

808,19 €

9.723,56 €

5.657,34 €

16.189,09 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Programa de mediación intercultural

51

0,00 €

13.490,40 €

14.588,90 €

28.079,30 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Programa de asesoramento e atención xurídico, legal, social e administrativa

51

0,00 €

8.074,70 €

6.559,34 €

14.634,04 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Formación dixital inmigrantes

51

606,14 €

1.414,34 €

0,00 €

2.020,48 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores de acollida inmigrantes

51

0,00 €

1.010,24 €

555,63 €

1.565,87 €

P3604600A

Concello de Ribadumia

Orientación laboral

50

0,00 €

41.091,51 €

23.664,87 €

64.756,38 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Mediación intercultural e social

49

0,00 €

1.676,66 €

982,87 €

2.659,53 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Apoio e reforzo escolar inmigrantes

48

0,00 €

4.040,96 €

2.273,04 €

6.314,00 €

P1505700C

Concello de Negreira

Mediación intercultural no Concello de Negreira

47

0,00 €

33.147,84 €

19.329,82 €

52.477,66 €

P1505700C

Concello de Negreira

Programa de asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría en Negreira

47

0,00 €

15.370,08 €

9.698,30 €

25.068,38 €

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia para inmigrantes

47

0,00 €

3.485,33 €

3.485,33 €

6.970,66 €

P1507400H

Concello de Ribeira

Asesoramento xurídico en trámites de estranxeiría

46

0,00 €

3.896,64 €

2.273,04 €

6.169,68 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Programa de reforzo educativo primaria

45,5

0,00 €

3.283,28 €

2.475,09 €

5.758,37 €

P3202000J

Concello do Carballiño

Plan poboación inmigrante

43

0,00 €

6.234,62 €

3.420,38 €

9.655,00 €

P3202000J

Concello do Carballiño

Curso de alfabetización dixital migración

43

0,00 €

378,84 €

0,00 €

378,84 €

P1507400H

Concello de Ribeira

Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores da sociedade de acollida

43

0,00 €

1.010,24 €

0,00 €

1.010,24 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Itinerarios de inclusión e transición ao emprego

42,5

0,00 €

11.365,20 €

9.546,77 €

20.911,97 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Programa de reforzo educativo secundaria

42,5

0,00 €

3.283,28 €

2.475,09 €

5.758,37 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Formación dixital inmigrantes

42,5

0,00 €

505,12 €

505,12 €

1.010,24 €

P2706500B

Concello de Vilalba

Asoramento técnico profesional nos trámites de estranxeiría

40

0,00 €

3.290,50 €

2.597,76 €

5.888,26 €

P3604600A

Concello de Ribadumia

Programa de reforzo, orientación e apoio escolar

40

0,00 €

21.922,21 €

12.628,00 €

34.550,21 €

P3604600A

Concello de Ribadumia

Mediación social e intercultural

40

0,00 €

14.627,45 €

8.421,86 €

23.049,31 €

P1505700C

Concello de Negreira

Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais

37

0,00 €

2.828,67 €

2.020,48 €

4.849,15 €

P3603800H

Concello de Pontevedra

Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores da sociedade de acollida

37

0,00 €

1.212,29 €

1.035,50 €

2.247,79 €

P3603800H

Concello de Pontevedra

Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia

37

0,00 €

1.212,29 €

959,73 €

2.172,02 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Programa de reforzo educativo verán

35,5

0,00 €

1.212,29 €

0,00 €

1.212,29 €

P1505700C

Concello de Negreira

Formación dixital

34

0,00 €

2.525,60 €

0,00 €

2.525,60 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores de acollida

32,5

0,00 €

3.662,12 €

2.677,14 €

6.339,26 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais

32,5

0,00 €

8.258,71 €

5.985,67 €

14.244,38 €

c) Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión.

NIF

Entidade local

Actuación

Puntuación

Adxudicado 2019

Adxudicado 2020

Adxudicado 2021

Total

adxudicado

P1503700E

Concello de Ferrol

Diagnose personalizada das persoas en risco de exclusión social

53

0,00 €

32.472,00 €

21.648,00 €

54.120,00 €

P1503700E

Concello de Ferrol

Acompañamento sociolaboral das persoas en risco de exclusión social

53

0,00 €

69.454,00 €

41.672,40 €

111.126,40 €

P1503700E

Concello de Ferrol

Formación dixital

40

0,00 €

1.262,80 €

0,00 €

1.262,80 €

P1503700E

Concello de Ferrol

Formación en competencias clave

40

0,00 €

7.400,01 €

0,00 €

7.400,01 €

P1503700E

Concello de Ferrol

Prevención do abandono escolar

40

0,00 €

7.273,73 €

4.849,15 €

12.122,88 €

P2702800J

Concello de Lugo

Servizo de inclusión e transición ao emprego

50

0,00 €

43.440,32 €

25.331,77 €

68.772,09 €

P3205500F

Concello de Ourense

Itinerarios de inclusión básica

59

3.095,66 €

37.234,56 €

21.712,94 €

62.043,16 €

P3205500F

Concello de Ourense

Itinerarios Inclusión

59

0,00 €

20.457,36 €

50.663,54 €

71.120,90 €

P3603800H

Concello de Pontevedra

Inclusión e transición ao emprego Risga Pontevedra

58

7.248,47 €

86.880,64 €

50.663,54 €

144.792,65 €

P3603800H

Concello de Pontevedra

Itinerarios inclusión básica Risga

55

3.095,66 €

37.234,56 €

21.712,94 €

62.043,16 €

P3603800H

Concello de Pontevedra

Formación preparación ESA

45

0,00 €

2.045,74 €

0,00 €

2.045,74 €

P3603800H

Concello de Pontevedra

Formación en competencias clave nivel 2

45

0,00 €

5.000,69 €

3.864,17 €

8.864,86 €

P3603800H

Concello de Pontevedra

Formación en competencias clave nivel 1

45

0,00 €

2.424,58 €

1.944,71 €

4.369,29 €

P1507900G

Concello de Santiago de Compostela

Programa local de inclusión social de colectivos en risco de exclusión (Transición ao emprego)

67

3.611,61 €

43.440,32 €

25.331,77 €

72.383,70 €

P1507900G

Concello de Santiago de Compostela

Programa de inclusión residencial

67

3.095,66 €

37.234,56 €

6.256,27 €

46.586,49 €

P1507900G

Concello de Santiago de Compostela

Programa local de inclusión social de colectivos en risco de exclusión (Básicos)

57

1.537,01 €

18.617,28 €

10.867,30 €

31.021,59 €

P3605700H

Concello de Vigo

Obradoiro de reforzo educativo para menores

51

3.419,97 €

43.440,32 €

25.331,77 €

72.192,06 €

P3605700H

Concello de Vigo

Programa de inclusión sociolaboral de persoas perceptoras da Risga do CMSS

47,5

0,00 €

26.064,19 €

15.204,11 €

41.268,30 €

P3605700H

Concello de Vigo

Programa de desenvolvemento persoal perceptores Risga Princesa

39,5

0,00 €

18.617,28 €

10.845,65 €

29.462,93 €

P3605700H

Concello de Vigo

Programa dirixido á inclusión social dos/das mozos/as perceptores/as da Risga do CMSS Rivera Atienza de Vigo

39

0,00 €

1.905,02 €

0,00 €

1.905,02 €

P1500011J

Consorcio As Mariñas

Gabinete de Inserción Sociolaboral

81

7.248,47 €

86.880,64 €

50.663,54 €

144.792,65 €

P1500011J

Consorcio As Mariñas

Formación en competencias clave

71

0,00 €

5.682,60 €

3.788,40 €

9.471,00 €

d) Programas dirixidos á inclusión social de persoas sen fogar.

NIF

Entidade local

Actuación

Puntuación

Adxudicado 2019

Adxudicado 2020

Adxudicado 2021

Total

adxudicado

P1503700E

Concello de Ferrol

Transición á vida autónoma das persoas sen fogar

44

0,00 €

6.494,40 €

4.329,60 €

10.824,00 €

P1503700E

Concello de Ferrol

Diagnose individualizada das persoas sen fogar do Concello de Ferrol

39

0,00 €

25.977,60 €

17.318,40 €

43.296,00 €

P1503700E

Concello de Ferrol

Acompañamento para a mellora da empregabilidade das PSF

39

0,00 €

28.413,00 €

18.942,00 €

47.355,00 €

P1507900G

Concello de Santiago de Compostela

Programa de apoio á inclusión de persoas sen fogar

35

3.095,66 €

37.234,56 €

21.712,94 €

62.043,16 €

P3605700H

Concello de Vigo

Programa básico de inclusión activa de PSF

30

3.442,03 €

37.884,00 €

20.652,19 €

61.978,22 €

e) Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo.

NIF

Entidade local

Actuación

Puntuación

Adxudicado 2019

Adxudicado 2020

Adxudicado 2021

Total

adxudicado

P3200022F

Mancomunidade de Concellos do Carballiño

Programa de educación familiar

66

7.122,19 €

95.229,55 €

61.805,04 €

164.156,78 €

P2706700H

Concello de Viveiro

Educación familiar

31,5

0,00 €

19.331,66 €

11.603,33 €

30.934,99 €

P3209000C

Concello de Vilar de Barrio

Programa complementario de educación familiar

28

0,00 €

17.036,98 €

627,79 €

17.664,77 €

P2706500B

Concello de Vilalba

Educación e apoio familiar

38

0,00 €

35.784,14 €

20.240,88 €

56.025,02 €

P3605800F

Concello de Vilaboa

Programa de educación e apoio familiar

43

0,00 €

16.625,66 €

10.910,59 €

27.536,25 €

P3605700H

Concello de Vigo

Programa socioeducativo e de apoio familiar

43

0,00 €

37.234,56 €

21.712,94 €

58.947,50 €

P1509000D

Concello de Vedra

Rede de familias educadoras

27

0,00 €

19.916,16 €

11.473,44 €

31.389,60 €

P3605600J

Concello de Valga

Programa de apoio e integración familiar

31

0,00 €

3.896,64 €

2.273,04 €

6.169,68 €

P3208200J

Concello de Toén

Programa de educación e apoio familiar

29,5

0,00 €

37.234,56 €

21.712,94 €

58.947,50 €

P2705900E

Concello de Sober

Programa de educación familiar municipal

34

0,00 €

37.234,56 €

21.712,94 €

58.947,50 €

P1507900G

Concello de Santiago de Compostela

Programa de inclusión de menores a cargo

46

646,01 €

37.234,56 €

21.712,94 €

59.593,51 €

P1507800I

Concello de Santa Comba

Reforzo educativo

31

0,00 €

6.234,62 €

6.234,62 €

12.469,24 €

P1507800I

Concello de Santa Comba

Ciclos formativos para pais e nais

31

0,00 €

1.385,47 €

1.385,47 €

2.770,94 €

P3207400G

Concello de Rubiá

Programa de educación e apoio familiar para a inclusión

30

0,00 €

32.601,89 €

18.833,76 €

51.435,65 €

P1507500E

Concello de Rois

Aula de apoio educativo

34

0,00 €

13.421,76 €

9.308,64 €

22.730,40 €

P1507400H

Concello de Ribeira

«Express-arte». Programa de ocio comunitario e educación en valores para menores en risco de exclusión social

40,5

0,00 €

5.801,66 €

3.355,44 €

9.157,10 €

P1507400H

Concello de Ribeira

Proxecto de reforzo educativo para menores de familias vulnerables

34

0,00 €

5.715,07 €

3.636,86 €

9.351,93 €

P3207000E

Concello de Ribadavia

Programa de educación e apoio familiar

57

3.095,66 €

37.234,56 €

21.712,94 €

62.043,16 €

P1507200B

Concello de Porto do Son

Intervención socioeducativa de menores

30

0,00 €

19.742,98 €

9.871,49 €

29.614,47 €

P1507100D

Concello das Pontes de García Rodríguez

Programa de educación e apoio familiar

30

0,00 €

37.234,56 €

19.483,20 €

56.717,76 €

P2704700J

Concello da Pobra do Brollón

Programa de educación familiar

32,5

0,00 €

37.234,56 €

21.712,94 €

58.947,50 €

P2704100C

Concello de Pantón

Programa de educación e apoio familiar

32,5

0,00 €

37.234,56 €

21.712,94 €

58.947,50 €

P1506600D

Concello de Padrón

Programe complementario de educación e apoio familiar Aula Apoio

38,5

0,00 €

9.611,71 €

7.013,95 €

16.625,66 €

P3202000J

Concello do Carballiño

Apoio educación familiar

33

0,00 €

34.138,90 €

21.648,00 €

55.786,90 €

P1505800A

Concello de Noia

Programas complementarios de educación e apoio familiar

37

0,00 €

13.898,02 €

8.118,00 €

22.016,02 €

P3205300A

Concello de Nogueira de Ramuín

Programa complementario de educación apoio familiar do Concello de Nogueira de Ramuín

51,5

1.515,36 €

16.668,96 €

10.607,52 €

28.791,84 €

P1505500G

Concello de Narón

Programa de educación familiar

27

0,00 €

2.597,76 €

1.515,36 €

4.113,12 €

P2703100D

Concello de Monforte de Lemos

Educación e apoio familiar

29

0,00 €

38.879,81 €

23.185,01 €

62.064,82 €

P2703000F

Concello de Mondoñedo

Programa de educación e apoio familiar

61

3.095,66 €

37.234,56 €

21.712,94 €

62.043,16 €

P3204600E

Concello de Maside

Programa de educación e apoio familiar

33,5

0,00 €

34.701,74 €

21.366,58 €

56.068,32 €

P3204400J

Concello de Maceda

Programa complementario de educación e apoio familiar

45,5

0,00 €

20.782,08 €

11.040,48 €

31.822,56 €

P1504200E

Concello da Laracha

Educa en positivo

33

0,00 €

8.312,83 €

5.390,35 €

13.703,18 €

P2702200C

Concello de Guitiriz

Programa educación e apoio familiar de Guitiriz: «Inmegui»

34,5

0,00 €

6.494,40 €

4.329,60 €

10.824,00 €

P2701600E

Concello de Chantada

Programa de educación e apoio familiar: fomentando á parentalidade

45,5

0,00 €

37.234,56 €

21.712,94 €

58.947,50 €

P3600048G

Concello de

Cerdedo-Cotobade

Programa «Educador familiar»

55,5

3.398,74 €

35.221,30 €

20.284,18 €

58.904,22 €

P3202300D

Concello de Castrelo de Miño

Educar en familia

46

0,00 €

37.234,56 €

0,00 €

37.234,56 €

P1501900C

Concello de Carballo

Programa complementario de educación e apoio familiar (PCEAF)

44

0,00 €

35.394,48 €

21.279,98 €

56.674,46 €

P2700900J

Concello de Carballedo

Programa de educación e apoio familiar

27

0,00 €

28.575,36 €

16.668,96 €

45.244,32 €

P3600800A

Concello de Cangas

Programa de reforzo educativo en áreas instrumentais (Rais)

34

0,00 €

7.901,52 €

6.775,82 €

14.677,34 €

P1501700G

Concello de Cambre

Proxecto Prisma-Educación familiar

47

3.030,72 €

36.346,99 €

21.301,63 €

60.679,34 €

P1501700G

Concello de Cambre

Proxecto Píllara. Apoio e educación familiar

40

0,00 €

36.346,99 €

21.301,63 €

57.648,62 €

P1501500A

Concello de Cabanas

Programa complementario de educación e apoio familiar

29

0,00 €

15.586,56 €

7.793,28 €

23.379,84 €

P2706800F

Concello de Burela

Servizo de educación e apoio familiar

38

0,00 €

24.873,55 €

15.586,56 €

40.460,11 €

P3600400J

Concello de Bueu

Educación e apoio familiar

30

0,00 €

104.776,32 €

45.157,73 €

149.934,05 €

P1501100J

Concello de Boiro

Educando en familia III

31,5

0,00 €

0,00 €

1.731,84 €

1.731,84 €

P1500900D

Concello de Betanzos

Programa de autonomía e competencias persoais e sociais

37

0,00 €

22.513,92 €

13.421,76 €

35.935,68 €

P3200800E

Concello de Baños de Molgas

Programa de educación e apoio familiar

34

0,00 €

13.032,10 €

7.663,39 €

20.695,49 €

P3200200H

Concello de Allariz

Educación e apoio familiar

33

0,00 €

37.234,56 €

21.712,94 €

58.947,50 €

P3208400F

Concello da Veiga

Programa de educación e apoio familiar

47

3.095,66 €

37.234,56 €

21.712,94 €

62.043,16 €

P3201500J

Concello da Bola

Programa de educación y apoio familiar do Concello da Bola

45

0,00 €

29.094,91 €

16.322,59 €

45.417,50 €

ANEXO II

Solicitudes inadmitidas/denegadas

Expediente

NIF

Entidade local

Colectivo

Actuación

Estado

Motivo da denegación

BS623C 2019/26

P3207400G

Concello de Rubiá

Exclusión social

Programa de inclusión social para persoas en situación de risco

Denegada

Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa

BS623C 2019/27

P3600048G

Concello de Cerdedo-Cotobade

Exclusión social

Programa «Acompáñote»

Denegada

Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa

BS623C 2019/27

P3600048G

Concello de Cerdedo-Cotobade

Exclusión social

Programa «A por ESO»

Denegada

Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa

BS623C 2019/38

P3205500F

Concello de Ourense

Poboación inmigrante

Fortalecemento das capacidades persoais

Denegada

Non está solicitada dentro de prazo

BS623C 2019/39

P2700500H

Concello de Barreiros

Exclusión social

Apoio á inclusión básica

Denegada

Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa

BS623C 2019/41

P3200200H

Concello de Allariz

Exclusión social

Programa educativo para a obtención da ESO

Denegada

Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa

BS623C 2019/52

P2705700I

Concello de Sarria

Exclusión social

Apoio educativo

Denegada

Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa

BS623C 2019/56

P1504900J

Concello de Miño

Exclusión social

Aprendendo a aprender

Denegada

Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa

BS623C 2019/56

P1504900J

Concello de Miño

Exclusión social

Formación preparación ESA

Denegada

Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos Sociais para desenvolver o programa

BS623C 2019/60

P3604600A

Concello de Ribadumia

Exclusión social

Orientación laboral (exclusión)

Denegada

Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

BS623C 2019/65

P3605400E

Concello de Tomiño

Familias en exclusión social

Programa complementario dirixido á educación e apoio familiar

Desistiu

Desiste da solicitude por subcontratar a actividade